ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VICTOR SENRA GAÑA O BOTAFUMEIRO CON AUTORIDADE

O piloto de Dumbría (A Coruña), xunto co seu copiloto David Vázquez (A Estrada, Pontevedra), volveron a lograr a vitoria no Rali Botafumeiro, disputado na xornada de onte na capital galega. Senra e Vázquez, que eran o centro de atención do rali ao participar co Peugeot 306 Maxi co que se proclamou pentacampeón o pai do primeiro, dominaron a proba de principio a fin, baixo unhas condicións climatolóxicas totalmente adversas.

Dominio incontestable

A parella galega, que xa con anterioridade gañara esta proba en 2007, mandou na clasificación desde o primeiro tramo, unha proba de espectáculo celebrada na tarde-noite do venres e que a escuadra santiaguesa había programado como punto de partida desta carreira, gañando nove do dez especiais disputadas.

Para Senra: "Este é un grandísimo resultado para o equipo, xa que a pesar de gañar con moita vantaxe, a vitoria non foi nin moito menos fácil. A climatoloxía, como apuntaramos antes da carreira, era moito máis favorable para un 4x4 que para nós e quedou claro con Bamarti, que foi un durísimo rival até o seu abandono. E tampouco puidemos correr con tranquilidade durante a maior parte da carreira, pois a caixa de cambios non funcionou correctamente desde os primeiros tramos, xa que non engranaba a quinta velocidade. A pesar diso, logramos gañar todas as especiais menos unha, polo que creo que fomos xustos vencedores."

Expectativas cumpridas

O participar cun dos coches máis competitivos e con maior palmarés deste país é, sen dúbida, un orgullo e un plus de motivación, pero tamén unha enorme responsabilidade para calquera piloto que, ademais, terá que soportar a presión de estar obrigado a realizar un sensacional papel. E Senra soubo estar á altura das circunstancias, dominando a proba en todo momento, a pesar da forte oposición do bicampión galego "Bamarti".


"Teño que recoñecer que esta foi unha das vitorias que máis saboreei en toda a miña carreira deportiva. A confianza depositada polo meu pai ao ofrecerme o pilotar o seu 306 foi moi grande e iso obrigábame a dalo todo para facelo o mellor posible. Ao final, o resultado foi inmellorable e despois de todo o que sufrimos durante os primeiros tramos, con Bamarti pisándonos os talóns, unhas especiais moi complicadas para o noso coche pola choiva e a humidade, os problemas do cambio; non podo negar que sinto profundamente feliz.", indica un riseiro piloto que tampouco quería desperdiciar a ocasión para agradecer todo o apoio recibido: "Esta vitoria dedícolla á afección, a quen na xornada de hoxe sentín máis preto e máis profundamente que nunca co seu apoio, e sobre todo, aos meus patrocinadores e ao meu pai, cos que me quedou claro que sempre podo contar e permitíronme gozar desta oportunidade inesquecible. Sen dúbida, todos eles merécenllo."


Clasificación XXII Rali Botafumeiro
1. Víctor Senra - David Vázquez (Peugeot 306 Maxi), 1h02:31.568
2. Alejandro Bermúdez - Alberto Rodríguez (Mitsubishi Lancer Evo X), a 3:15.321
3. Pablo Silva - David Matalobos (Mitsubishi Lancer Evo VIN), a 4:33.715
4. Javier Ramos - Marcos Costolla (Mitsubishi Lancer Evo x), a 4:36.054
5. Marcos Canedo - José A. Carro (Citroen C2 R2 Max), a 5:32.912
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba