ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALEX E SANTI PAIS INTENTAN FACERSE COA TERCEIRA PLAZA ABSOLUTA

O Campionato de Galicia de Rallyes 2010 chega ao seu fin. E faio, como non ía ser menos, peregrinando a Santiago de Compostela, en pleno Ano Santo, e cunha proba na que o ACSM RALLYE TEAM ten posibilidades de lograr a segunda praza na COPA PIRELLI DRIVER TOP-TEN DE GALICIA: O XXII RALLYE DO BOTAFUMEIRO.

Para iso, para que os irmáns Álex e Santi Pais a bordo do Mitsubishi Lancer Evo IX do ACSM RALLYE TEAM poidan alcanzar o subcampeonato do devandito certame autonómico terán que dalo todo e alcanzar o triunfo dentro de dita copa, mentres na clasificación xeral deberán de situarse o máis arriba posible para poder optar á terceira praza absoluta do Campionato de Galicia de Rallyes 2010, algo que poría un excelente punto final a unha tempada, a do ACSM RALLYE TEAM, que non comezara con moi bo pé nos primeiros compases do certame e que agora chega ao remate da mesma con opcións de ser un dos primeiros equipos dos Rallyes galegos.

"Chegamos nun bo momento de forma e de resultados, por iso esperamos volver de Santiago de Compostela cunha boa praza na xeral final e a vitoria no trofeo para poder terminar o ano cun bo sabor de boca, alcanzando o subcampeonato da COPA PIRELLI DRIVER TOP-TEN DE GALICIA e se é posible a terceira praza do Campionato. Pero non será nada fácil, o Botafumeiro é sempre un Rallye moi complicado, con tramos moi deslizantes e moi longo, e que ademais contará nesta ocasión cun tramo espectáculo que a recado atraerá a moitos afeccionados e público en xeral a gozar da proba que pon o broche de ouro á tempada" comenta Álex Pais sobre a competición do próximo fin de semana.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba