ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA -BAÑOBRE PREPARADOS PARA MADRID

Meira: "Non hai presión polo resultado, pero si ganas de facelo ben"
Despois de lograr o "triplete" en Galicia (onde Meira-Bañobre gañaron o Campionato Galego absoluto, o título de Grupo N e o Trofeo Pirelli Driver Center) o equipo amarelo porá punto e final á súa axenda deportiva 2010 participando na última proba da tempada no Campionato de España de Ralis de asfalto: O Rali Comunidade de Madrid.
"En lugar de acudir ao pasado Rali Botafumeiro, puntuable para o Campionato Galego no que xa eramos Campións, pensamos que era máis interesante correr en Madrid e gañar así experiencia de cara ao noso programa deportivo do ano que vén, en que pensamos saír ao Nacional" comenta Alberto Meira ante esta participación nun rali onde competiu por última vez no ano 2002, e que de feito non tiña moito que ver en canto a itinerario.

O Mitsubishi Lancer Evo X de Meira competirá outra vez coas especificacións propias do Campionato de España de Ralis na categoría "N+", que se traducen nunhas prestacións algo superiores ás do "Grupo N" polas que se rexe o campionato autonómico.

Meira parte co obxectivo de pelexar polo triunfo nunha reñidísima categoría na que se medirá a Víctor Senra, Pedro Burgo, Francisco Cima, Alberto Monarri, Rubén Gracia, Xabier Lujua ou Daniel Marbán, entre outros. Á parte está claro de pelexar por un bo posto na clasificación xeral ante os vehículos S2000 (como os de Xevi Pons ou Alberto Hevia) ou os GT (con Manolo Cabo como máximo representante, nun Porsche).

A proba, que arrinca na tarde do venres desde o Estadio Santiago Bernabeu, terá o seu centro neurálxico no Circuíto do Xarama, mítico trazado que de feito albergará algunha das probas especiais cronometradas.

Rali Comunidade de Madrid - RACE
Organiza: RACE
Días: 26 e 27 novembro
Quilómetros totais: 768,79 kms
Quilómetros cronometrados: 150,19 kms
Número de tramos: 10
Rali en directo: www.jarama.org

Venres 26 - Tramos -Hora paso 1º:

1. Circuíto do Xarama (18,53 kms) - 19h06
2. Navafría (15,67 kms) - 20h14 e 22h41

Sábado 27 - Tramos -Hora paso 1º:

1. Canencia (13,60 kms) - 9h04 e 12h19
2. Morcuera (12,56 kms) -9h46 e 13h01
3. Circuíto do Xarama (18,53 kms) - 15h02 e 17h06
4. Atazar (10,94 kms) - 16h10
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba