ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

DAVID PEREZ APROBEITA AS BAIXAS E GAÑA O SIERRA MORENA

O granadino David Pérez (Peugeot 207s2000) fíxose co triunfo no rally Sierra Morena, novena cita do Campionato de España, dominando con autoridade unha proba con demasiados incidentes, entre eles o que protagonizou onte á noite o xa campión Alberto Hevia (Skoda) e que lle custou o abandono.

En segundo lugar quedou o asturiano Jonhatan Pérez (Peugeot 207 S2000) a 1:30.2, e terceiro foi o galego Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer) a 2:36.6.

O accidente de Hevia onte -perdeu o control do seu coche tras un cambio de rasante e terminou impactando contra unha árbore- deixou a proba aínda máis descafeinada en canto á participación, xa que non acudiran os seus máximos rivais polo título, Miguel Fuster e Enrique García Ojeda, nin o último campión da especialidade Sergio Vallejo.

Era unha ocasión perfecta, para aqueles que habitualmente loitan polo podio, de conseguir unha gran vitoria. Ademais, hoxe a proba comezaba desde cero, posto que o tramo preparado onte foi cancelado e ningún piloto marcou tempo.

Así, no seu primeiro ano no nacional, no que non gozou de excesiva fortuna, cos pilotos aínda medorentos ao comezo polos danos do Skoda de Hevia e ante o seu público, Pérez decidiu arriscar desde o inicio, mentres o resto utilizaron o primeiro tramo como unha mera toma de contacto.

A súa vitoria na primeira especial foi cunha vantaxe de case medio minuto, o cal deixaba xa encamiñado o tramo.

No resto demostraría que estaba un punto por encima do resto de pilotos e monturas. Só Jonathan Pérez achegóuselle nalgunha especial e Burgo arrebatoulle o mellor tempo nalgún tramo.

Este último tivo problemas coa dirección na primeira metade do rally aínda que puido remontar, en detrimento de un José Antonio Suárez (Renault Clio) que foi a sorpresa da mañá ao chegar ao ecuador do rally en terceira posición.
Clasificación do rally Sierra Morena

1. David Pérez (Peugeot 207 S2000) 2h 05:50.2

2. Jonathan Pérez (Peugeot 207 S2000) a 1:30.2

3. Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X) a 2:36.6

4. José Antonio Suárez (Renault Clio R3) a 4:18.6

5. Rubén Gracia (Mitsubishi Lancer Evo X) a 4:38.6

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba