Vitoria de Jonathan Pérez e Enrique Velasco no último tramo do Rallye Montaña Central, que lles proclama matematicamente Campións de Asturias de Rallyes 2010.O Rallye Montaña Central, penúltima proba do certame asturiano disputouse baixo condicións de moita choiva, e con tramos que evidentemente patinaban moito.
Jonathan e Enrique disputaban a carreira cun ollo posto no Campionato de Asturias, valéndolles calquera posto do pódium final para adxudicarse por segunda vez o titulo asturiano.
Comezaba o rallye coas pasadas aos tramos de Alfilorios e O Cordal, onde Jonathan marcaba o segundo mellor tempos da scratch en ambos. A continuación, na segunda pasada ao tramo de Alfilorios, primeiro scratch levantándose ao primeiro posto da clasificación xeral. Pero no seguinte, O Cordal, Jesús Fdez. "Tano" arrebatáballe a primeira posición na clasificación xeral. Jonathan comentaba que "os tramos da mañá estabán moi complicados, patinaba moitísimo".
Durante a tarde disputábanse os tramos de Espinos e Morcín a dobre pasada. No primeiro, Jonathan marcaba o segundo tempo, alejandose da primeira posición da clasificación xeral, comandada por "Tano" con máis de 16 segundos de vantaxe. A primeira pasada ao tramo de Morcín suspendíase pola colocación da xente, polo que a vitoria no rallyes estaba difícil, ao ter que recuperar a desvantaxe en só dous tramos.
A remontada
Con todo, Jonathan e Enrique deciden arriscar un pouco e na segunda pasada a Espinos marcan o scratch con 12 segundos de vantaxe a "Tano". "Decidimos tirar até ver onde chegabamos recortando tempo".
Para o último tramo, Morcín, a diferenza tan só era de 4'3 segundos, e novamente Jonathan marcaba o mellor tempo, está vez con 7'7 segundos de vantaxe, o que lle levantaba á primeira posición do rallye.
Isto non só significou a vitoria no rallye, se non que xa matematicamente obtiñan por segundo ano consecutivo o título de Campións de Asturias de Rallyes.
Jonathan Pérez explicaba ao final da proba que "foi un rallye moi difícil, pero tanto o coche como o equipo funcionaron á perfección".
Rallye Montaña Central
1.- Jonathan Pérez-Enrique Velasco
(Peugeot 207 S2000) a 49:10.3
2.- Jesús Fdez."Tano"-Salvador Belzunces
(Impreza WRC) a 3.4 seg
3.- José A.Suárez-Cándido Carreira
(Mitsubishi Lancer Evo.X) a 1:57.8 seg
1.- Jonathan Pérez-Enrique Velasco
(Peugeot 207 S2000) a 49:10.3
2.- Jesús Fdez."Tano"-Salvador Belzunces
(Impreza WRC) a 3.4 seg
3.- José A.Suárez-Cándido Carreira
(Mitsubishi Lancer Evo.X) a 1:57.8 seg
0 comentarios:
Publicar un comentario