A RFEDA fixo público hai uns días o calendario 2010, que trae novidades sobre todo no que respecta ao certame de Rallyes de Asfalto. Como vén sendo tradicional nos últimos anos iniciarase co Rallye Vilajoiosa, a finais de Marzo, para despois trasladarse ás Illas Canarias, e volver á península en maio, onde se disputará o Rallye Cantabria Infinita. Tras este tres probas, disputaranse o tres rallyes galegos: primeiro as Rías Baixas, a finais de Maio, despois o Rallye de Ourense, en xuño, e tras as vacacións, o Rallye do Ferrol, a finais de Agosto.
É na parte final do ano onde xorden os principais cambios. Aínda que o Príncipe de Asturias mantén a súa data, no segundo fin de semana de Setembro, o Rallye de Llanes atrásase unha semana, ao primeiro fin de semana de Outubro, mentres que o Nacional de Asfalto terminarase co Rallye Sierra Morena, a principios de Novembro, debido á marcha do Rallye Costa Brava, e o Rallye Shalymar. O primeiro deles seguirá disputándose, aínda que centrado única e exclusivamente nos Históricos do campionato europeo, e celebrarase no mesmo fin de semana que o Sierra Morena, mentres que non se teñen aínda noticias sobre o futuro do Rallye Shalymar.
En canto ao Nacional de Terra, non se coñecen aínda as citas, como é habitual, aínda que se reservaron seis datas no calendario, polo que se presupón que se rexeitou o rumoreado modelo de catro citas dobres. Con toda probabilidade, o campionato empezará o primeiro fin de semana de Marzo en Córdoba.
0 comentarios:
Publicar un comentario