ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

DE LA ROSA FICHA POR BMW-SAUBER

"Pedro traballou nos últimos anos para un dos mellores equipos de altísimo nivel técnico" comentaba o patrón do equipo, Peter Sauber. Así mesmo, engadía: "Nós, como equipo, queremos aproveitarnos da súa experiencia, do mesmo xeito que nos gustaría que fixese o seu compañeiro. A combinación dun piloto experimentado coa dunha nova promesa adoita dar moi bos resultados e, neste caso, estou seguro de que é o que sucederá na próxima tempada".

"Por suposto, é crucial que lles podamos dar un bo coche e teño unha visión moi optimista sobre a evolución que podemos obter na nosa fábrica. Somos capaces de continuar o noso traballo no coche de 2010 tal e como tiñamos programado a pesar do recente período de incerteza", matizou.

No pasado mes de decembro, o equipo suízo anunciou a fichaxe do xaponés Kamui Kobayashi como primeiro piloto confirmado.

De la Rosa competiu en 71 Grandes Premios e foi o piloto reserva e de probas de McLaren durante os últimos sete anos. Leva máis de dez anos na Fórmula 1.

Disputou a súa primeira carreira no Mundial no Gran Premio de Australia de 1999, ao volante dun Arrows. Nesa carreira, a súa primeira na máxima categoría, De la Rosa chegou en sexta posición e entrou en zona de puntos no seu debut. A súa mellor posición foi en 2006, cando no Gran Premio de Hungría subiu ao segundo caixón do podio.
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba