ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FERRARI F -10

Ferrari presentou o monopraza co que Fernando Alonso tratará de ser campión do Mundo en 2010: o F10. O nome provén da inicial da escuadra e o ano, como viña sendo habitual, salvo o ano pasado, cando se chamou F60 polo sesenta aniversario.

Algúns aspectos do monopraza chamaron a atención. Trátase dun coche moi longo, a distancia entre eixos creceu, motivado polo tamaño do tanque de gasolina. Esperábase un coche longo, pero excedeu as expectativas.

No morro, os dous ombreiros remiten aos do Red Bull, cumprindo, aquí si, todas as previsións. Sobre todo, o enganche do alerón dianteiro é moi alto. Destaca tamén unha larguísima crista desde a toma de aire do motor até o alerón traseiro.

Ferrari tratará de volver dominar o Mundial de Fórmula 1 con Fernando Alonso á fronte. O español espera que o F10 sexa o orgullo dos 'tifosi': "Espero que todos os 'tifosi' volvan estar orgullosos de ser de Ferrari e que volva ser un equipo gañador", declarou o español. Ao español, ao que se viu moi contento e riseiro, parécelle "moi bonito o coche, é precioso".

Tamén falou Luca De Montezemolo, presidente de Ferrari, que aposta por pasar páxina e esquecer o 2009 canto antes. "2009 foi un dos anos máis delicados para Ferrari na súa historia, pero os ciclos péchanse e as persoas vanse (quizá en referencia a Michael Schumacher) e esperamos volver estar á altura que marca a nosa historia con Alonso e Massa", declarou.

En principio, estaba previsto que Felipe Massa dese hoxe as primeiras voltas co F10, pero aínda non se sabe si o brasileiro poderá saír a pilotar o monopraza porque Maranello está nevado.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba