O piloto vigués, que en 2010 cumprirá 22 anos, resultou gañador tras a votación da Comisión de Selección que valorou os seus resultados no 2009, a súa técnica, os seus proxectos 2010, a relación cos medios de comunicación e o dossier presentado por cada un dos pilotos que, por méritos deportivos dentro do Trofeo Curuxarallye 2009 formaron parte desta selección.O Comité de Selección estivo formado por:
Comité Organizador
Martiño de Lopo (sen voto)
Comisión de Seguimento do Trofeo Curuxarallye 2009
Rafa Pombo
PTC Escola
Antonio Solórzano
Comisario Técnico do Campionato Galego
Ignacio Davila
Organizador de probas do Campionato Galego
Toño Villar (Escuadra Berberecho)
Prensa Especializada
Miguel Díaz (Chapi) (Cronomotor)
Javier Figueiredo (Auto-Hebdo)
Andrés H. Cachalvite (Fibra de Carbone)
Juan Carlos Varela (motorGalicia e GaliciaRAS)
Tras o reconto do oito votos, o piloto vigués faise coa Bolsa Curuxarallye. O Comité de Selección valorou notablemente os seus resultados (tres vitorias en cinco participacións), a súa disposición para atender aos Medios de Comunicación, o seu proxecto para 2010 (participar no Volante RACC cun Peugeot 206) e a profesionalidade do seu Dossier.
A Bolsa está composta por un Curso de Pilotaxe impartida pola PTC Escola, un curso de Copilotaje impartido por DVF-Técnicas de Copilotaje, e pola Licenza de Piloto da FGA.
Deste xeito cúmprense todos os obxectivos deste Trofeo: aliciente para os pilotos debutantes, repercusión mediática, formación, axuda e apoio.
VINDEIRA TEMPADA.

0 comentarios:
Publicar un comentario