ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

WRC ACADEMY

O vindeiro ano quedamos sen o JWRC, o campionato onde deron os seus primeiros pasos no Mundial pilotos como Sébastien Loeb, Daniel Sordo, Martin Prokop, Sébastien Ogier, ou Per-Gunnar Andersson. No seu lugar, a FIA e North One Sport, o promotor do Mundial de Rallyes, decidiron crear co apoio de Pirelli a "WRC Academy", unha sorte de copa de promoción que pretende potenciar novos valores desta disciplina.

Todos os participantes neste programa, que se iniciará a próxima tempada, utilizarán os Ford Festa R2 preparados por M-Sport; está previsto que se destinen para a escola ao redor de vinte e catro unidades dese coche. O seis pilotos elixidos para o Pirelli Star Driver 2011 competirán dentro da "WRC Academy", de feito a selección, que tivo lugar o pasado fin de semana en Cataluña, desenvolveuse cos Ford Festa R2 que se empregarán na academia o próximo ano.

O importe mínimo para poder participar é de 135.000 euros, ao que se deberá engadir o custo do vehículo, ademais dos gastos en avarías e desprazamentos. O calendario comporase dun total de seis citas do WRC que se disputarán en Europa. O premio final para o gañador será unha bolsa valorada en 500.000 euros.

Os alumnos da "WRC Academy" participarán tamén nun programa de preparación fóra dos rallyes que incidirá en aspectos como a dieta, a preparación física, os idiomas, as relacións públicas, etc. Dentro de dúas semanas darase a coñecer o calendario definitivo e as normas do programa

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba