ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA VENCE E PROCLAMASE CAMPIÓN GALEGO DE RALLYS

O equipo confirma os seus plans de competición cunha montura S2000 para a próxima tempada

Aínda que o equipo formado por Alberto Meira e Álvaro Bañobre liderou a proba de principio a fin, o Rali Ourense Baixa Limia tivo emoción até o último momento, xa que José Martínez Barreiro e Manuel Campos (os rivais de Meira na loita polo título, que nesta ocasión competían a bordo dun Ford) estiveron sempre en disposición de optar pola vitoria.

Meira declaraba na meta que "-Foi moi difícil gañar. José correu moito, e chegamos ao último tramo separados por pouco máis dun segundo. Queriamos sentenciar o campionato nesta penúltima proba e conseguímolo, pero para iso nola tivemos que ir xogando en moitos sitios do rali. Doutra forma era imposible gañar co noso Grupo N a un WRC como o que José levaba esta vez, que no último tramo deulles algún problema mecánico. En calquera caso hai que felicitarlles porque foron un durísimo rival, e nese último tramo pensei que me ían a superar."
Esta vitoria sentencia matematicamente o Campionato Galego absoluto, de forma que non influirá o resultado que poida darse no Rali Botafumeiro, previsto para celebrarse en Santiago de Compostela no mes de novembro.

E agora, ao Nacional

Cando só resta unha proba para terminar o campionato galego, Meira e o seu equipo xa pensan na próxima tempada, na que competirán cun Ford Festa da categoría Super 2000, contando co apoio de Pirelli, firma que foi clave no éxito de Meira na presente campaña, e que terá ao piloto de Vincios como punta de lanza da súa representación no Campionato de España.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba