ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

DANI SORDO INDA DESCOÑECE SEU FUTURO PARA A TEMPADA 2011

O español Dani Sordo afirma que aínda non ten ningún proxecto pechado para a próxima tempada do Campionato do Mundo de Rallyes, pero espera telo despois da proba que se disputa na súa casa, a finais deste mes.

Sordo, que pilotou para Citroën durante catro anos, comenta que lle gustaría quedar coa marca francesa e no equipo principal de Citroën. A Olivier Quesnel gustaríalle quedar co piloto, pero aínda non se chegou a ningún acordo.

"Falamos da próxima tempada", afirma Sordo, "pero polo momento non teño nada confirmado. Citroën portouse moi ben comigo, é un equipo xenial. Obviamente, Sebastien Loeb e Sebastien Ogier van estar en Citroën o próximo ano e temos que ver que hai para min, pero polo momento estou fóra".

Sordo admitiu falar con outros equipos sobre o próximo ano. "Hai algunhas opcións pero, tal e como dixen, non hai nada pechado", engade.

Rumoreouse que Ford contactou con Sordo, pero o director de Ford Motorsport en Europa, Gerard Quinn, negou estar a negociar co ex campión da categoría Júnior do Campionato do Mundo de Rallyes. "Estamos moi satisfeitos cos pilotos que temos para a próxima tempada", afirma Quinn.

"Non estamos a falar con ningún outro piloto", afirma Quesnel, responsable de Citroën e engade: "Queremos que Dani quede, estamos a traballar para iso".

Agora, a prioridade de Sordo é a seguinte proba do WRC; o Rallye de Cataluña, onde estará a esperar con ganas mellorar a segunda posición que conseguiu nos últimos anos. "Cataluña será outra vez un gran rallye para min", afirma. "Por suposto sempre quero gañar, e especialmente en casa. Pode ser unha carreira interesante, imos ver o que pasa. Unha vez terminado, xa pensarei no futuro".

Este ano a proba de Salou será a ocasión perfecta para que Sordo cambie a súa sorte, posto que o seu compañeiro en Citroën Total, Sebastien Loeb, xa se coroou por sétima vez Campión do Mundo e Citroën xa ten asegurado o título no Campionato de Marcas.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba