ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PIRELLI XA ELEXIU OS PILOTOS PIRELLI STAR

O provedor de neumáticos do WRC, Pirelli, escolleu o seu persoal de Pilotos Star despois de dous días de seleccións durante o Rallye de España.

Pirelli Star Driver Global Shoot Out, iniciativa da marca italiana e do departamento do deporte do motor da FIA, achegará seis pilotos con destacadas habilidades para a pilotaxe, seleccionados para as probas do Campionato do Mundo de Rallyes FIA 2011.

O seis pilotos Pirelli Star competirán coa Academia WRC, que presentou hai pouco a FIA, pilotando Ford Festas con neumáticos Pirelli en 2011.

Un total de 16 mozos de África, Asia-Pacífico, Europa, América Latina e Oriente Medio, incluíndo unha moza nomeada pola Comisión de Muller e Deporte do Motor, foron avaliados por un tribunal internacional que incluía ao directivo da sección de rallyes de Pirelli Mario Isola, o coñecido xornalista italiano de rallyes Guido Rancati e a ex piloto Michele Mouton.

Os candidatos foron avaliados nun tramo de terra e un de asfalto, onde pilotaron con coches idénticos equipados con neumáticos Pirelli. Tamén se avaliaron cunha serie de preguntas fora do coche.

Os pilotos seleccionados son Frederik Ahlin de Suecia (19 anos), Craig Breen de Irlanda (20), Jan Cerny de República Checa (20), Andrea Crugnola de Italia (21), Brendan Reeves de Australia (22) e Molly Taylor de Australia tamén (22).

O directivo de Pirelli Motorsport, Mario Isola comenta: "É moi emocionante ver aos próximos pilotos Pirelli Star. Outra vez, creo que atopamos grandes talentos. Ter pilotos de todo o mundo fixo do Shoot-Out un evento moi importante para nós. Pirelli está orgulloso de xestar a iniciativa de desenvolvemento de novos pilotos FIA e estamos a esperar con ganas coa continuación desta iniciativa o ano que vén."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba