ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PREMIO PARA SERGIO VALLEJO

Sergio Vallejo foi o gran protagonista da cerimonia de entrega de premios O PROGRESO realizada no auditorio Gustavo Freire de Lugo. O piloto de rallyes de Meira viviu de todo no último ano, desde a gloria do título de campión de España, o primeiro da súa carreira, até a inmensa amargura de verse despedido polo seu equipo, nunha decisión que co tempo resulta cada vez máis incomprensible, nada máis comezar a tempada de 2010.

A longa e exitosa traxectoria de Vallejo, o gran coloso do automobilismo lucense nos últimos anos, o seu título de campión de España e a súa estraña expulsión do seu anterior equipo son motivos máis que sobrados para que o piloto de Meira fíxose co agarimo xeral de todo o deporte lucense, dos afeccionados e, polo tanto, dos lectores deste xornal, que premiaron a un gran deportista e, sobre todo, a un home digno e dunha peza, insumergible, incapaz de vir abaixo ante a adversidade. Un sobrevivente, Precisamente, a mellor calidade que debe ter un deportista.

A vitoria de Sergio Vallejo é tamén un triunfo para unha das modalidades deportivas que máis alegrías proporcionou a Lugo desde sempre e, sobre todo, nos últimos anos, o automobilismo, unha disciplina que fai furor entre a afección da provincia, envorcada con cada competición que transcorre polas estradas lucenses.

Sergio Vallejo non está só. El mesmo destacouno. Sen Diego Vallejo á beira, Sergio Vallejo é menos. Diego Vallejo é agora copiloto no Mundial de rallyes do cántabro Dani Sordo e unha parte importante do premio, como ben se encargou de subliñar o seu irmán é para el. Vallejo, todo elegancia, tamén dedicou o premio a quen lle axudaron e a todos os que fixeron posible que conquistase o campionato de España no ano 2009. E prometeu estar uns anos máis dando que falar no mundo do automobilismo. Outra cousa quedou clara, a afección de Lugo está con Vallejo. Para el foi a máis estruendosa ovación do público congregado no Gustavo Freire.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba