ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LOEB MANDA NA CASA A PRIMEIRA XORNADA

O francés Sebastien Loeb (Citroen) comezou con forza a proba que podería darlle o seu sétimo título de campión do mundo despois de marcar o mellor tempo en cada un do catro tramos que se disputaron até o momento no rally de Francia, décima cita do ano.

Este resultado daríalle o título co que xa comezan os preparativos da festa o vindeiro domingo.

A proba, que se desenvolve nos arredores da súa localidade natal , está a disputarse baixo a choiva, o que á dificultade dunha pista mollada está a engadirse a cantidade de barro que se acumula sobre o asfalto, que o sacan os propios pilotos recortando as curvas, algo que impediu ao español Dani Sordo (Citroen) estar na pugna polo liderado.

E é que, de forma sorprendente, é o francés Sebastien Ogier (citroen) o seu principal rival polo título, o que lle secunda na táboa a 14.7 segundos, despois de pugnar polo posto co noruegués Petter Solberg (Citroen) que polo momento se ten que conformar coa terceira praza.

En cuarta posición, e a 23.3 segundos, atópase Sordo quen empezou segundo hoxe pero viu como a súa paulatina perda de tempo facíalle perder tamén posicións.

En quinta posición, e como primeiro Ford, atópase o finlandés Jari-Matti Latvala, cinco segundo máis atrasado que o español. O tamén finlandés Mikko Hirvonen (Ford) unha vez máis está a demostrar que este non é o seu ano. É sexto a máis dun minuto.

Na categoría S-WRC o español Xevi Pons (Ford) é terceiro.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba