ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LOEB VOA CARA SEU 7º CAMPIONATO MUNDIAL

O francés Sebastien Loeb adxudicouse unha cómoda vitoria ao volante do seu Citroën C4 WRC no Rally de Bulgaria onde levantou o seu cuarto trofeo da presente tempada e aumenta a súa vantaxe como líder provisional do campionato.

O seis veces campión mundial impúxose con autoridade unha vez máis sobre o asfalto e finalizou 29,5 segundos por diante do seu compañeiro de equipo o español Dani Sordo.

O piloto galo lograra unha vantaxe de máis de medio minuto tras imporse nas primeiras cinco especiais do primeiro día do rallye Bulgaro, pero optou por manter a cautela nas dúas últimas etapas.

Loeb, vai en busca do seu sétimo título mundial consecutivo, e con este triunfo estende a 58 o número de vitorias da súa carreira. Así mesmo segue encabezando o certame con 151 puntos, seguido do seu compatriota Sebastien Ogier con 100 e Hirvonen en terceiro lugar con 86
.
Con todo, foron os catro primeiros postos de Citroën o que máis destacou na proba búlgara, algo que non ocorría desde o Rally Safari de 1993.

Até última hora non se decantou o segundo lugar para Sordo e é que Petter Solberg resistíase a que Citroën tivese a dous dos seus pilotos nos primeiros postos .

Foi unha oportunidade, ben aproveitada por parte de Sordo, para recuperar o posto de segundo de Loeb. Alemaña é o próximo Rally de asfalto, antes virá Finlandia; parece a mellor oportunidade para que Sordo tente conseguir a vitoria que tanto se lle resiste.

Yeray Lemes foi eliminado por recibir asistencia nun control horario e o junior Egoi Eder Valdés quedou sexto da súa categoría.

A próxima cita do WRC, o Rally de Finlandia, terá lugar do 29 ao 31 de xullo.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba