ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BRUNO MAGALHAES GAÑA O RALLY DA CASA

O heroe portugués gaña despois do emocionante final de rally no que Kopecky sufriu un choque. Hanninen mantén o liderado do IRC a pesar de verse relegado nesta proba por unha picada. Con este triunfo, o campionato suma o seu sexto gañador diferente esta tempada.

Bruno Magalhaes conseguiu a súa primeira vitoria na Intercontinental Rally Challenge tras unha emocionante final no Sata Rally Açores. O piloto de Peugeot Sport Portugal pasou á fronte da clasificación na primeira etapa, pero deixou esa privilexiada posición por un problema no cambio. Cando peor pintaban as cousas para o piloto local os acontecementos deron un xiro inesperado primeiro coa picada de Juho Hänninen, que lle fixo perder o primeiro posto na penúltima etapa, e despois con Jan Kopecky, que comezou a última especial cunha renda de 6.4 segundos e estrelouse a catro quilómetros da meta, entregándolle desta maneira a Magalhaes unha emocionante vitoria diante de miles de entusiastas seguidores.

O británico Kris Meeke (UK Peugeot) sufriu un trompo na sexta etapa e varias picadas condenáronlle á quinta posición. Meeke conseguiu adiantar a Andreas Mikkelsen, pero non se rendeu e conseguiu o seu obxectivo de subir ao podio ao verse favorecido pola picada de Hánninen e logo sendo segundo tras deterse Kopecky por un fallo eléctrico.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba