ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LATVALA PRIMEIRO TRA-LO ACCIDENTE DE HIRVONEN

O piloto finlandés Jari-Matti Latvala (Ford) lidera o Rally de Finlandia este venres cunha vantaxe de 9.1 segundos sobre o segundo clasificado Petter Solberg (Citroen), mentres o seu compañeiro de equipo Mikko Hirvonen tivo un choque na cuarta especial, e o español Dani Sordo (Citroen) quedouse quinto na xeral.

O piloto finlandés, que nunca gañou un rally na súa terra, chegaba á oitava cita mundialista confiado das súas opcións e realizou unha xornada impecable terminando como líder tras o especial número 11, despois de ser o máis rápido no tramo de Sirkkamaki desta mañá.

O seu compañeiro de equipo Mikko Hirvonen, que era o líder do rally, con 4.9 segundos de vantaxe, sufriu un accidente no tramo 4 quedándose fose do certame finlandés, dando cinco voltas de campá antes dunha aterraxe violenta nun dos múltiples saltos, pero tanto o piloto como o seu copiloto saíron ilesos do contratempo.

Pola súa banda, o piloto español Dani Sordo (Citroen) baixou da terceira posición á quinta, despois que Sebastian Ogier e Sebastian Loeb escalasen posicións, a pesar de pilotar todo o día en primeiro lugar, limpando a pista.

--CLASIFICACIÓN TRAS A PRIMEIRA XORNADA

1. Jari-Matti Latvala (FIN/Ford) 1:10:30.700.

2. Petter Solberg (NOR/Citroen) 09.100.

3. Sebastien Ogier (FRA/Citroen)21.800.

4. Sebastien Loeb (FRA/Citroen) 32.000.

5. DANIEL XORDO (ESP/Citroen)43.700.

6. Matthew Wilson (GBR/Ford) 2:35.300.

7. Juha Kankkunen (FIN/Ford) 3:10.700.

8. Kimi Raikkonen (FIN/Citroen) 3:18.200.

9. Juho Hanninen (FIN/Skoda) 3:44.300.

10. Matti Rantanen (FIN/Skoda)4:25.400.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba