ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS IRMANS BURGO GAÑAN O SAN FROILAN

O equipo local foi o gran dominador da proba, xa que dos nove tramos disputados conseguiu a vitoria en oito deles, non dando o seu Ford Focus WRC ningún tipo de problema mecánico e tendo o seu equipo moi pouco traballo durante a proba.

A segunda praza da clasificación final adxudicoulla outro equipo lucense, a 41 segundos, formado tamén por dous irmáns, Sergio e Diego Vallejo, que competiron co Porsche 911 co que facía dúas semanas habían logrando a vitoria nunha proba do campionato de España. Os Vallejo utilizaron esta carreira como banco de probas de face ao próximo fin de semana, onde disputarán o Príncipe de Asturias.

Completou o podio Iván Ares, líder do campionato de Galicia e que despois deste resultado atópase un pouco máis preto de conseguir o seu obxectivo de facerse co título autonómico. O de Cambre realizou unha gran carreira e coñecedor da superioridade dos Focus WRC e do 911 dedicouse a comandar o grupo dos Mitsubishi, finalizando a 1.11 minutos do vencedor.

Até Narón foise a cuarta praza da xeral, ademais da vitoria dentro da Copa Top Ten Driver Pirelli, neste caso lograda por Fernando Rico, que superou en 26 segundos aos irmáns Pais, que foron quintos da xeral e segundos da Pirelli co seu Lancer Evo X. Precisamente este último equipo interpuxo unha reclamación contra o vehículo de Fernando Rico, un Evo IX, por supostas irregularidades nos pistons e bielas, que foi desestimada despois da verificación por parte dos comisarios técnicos, que comprobaron como o vehículo do naronés estaba acorde co regulamento.i

Un dos vehículos máis espectaculares da carreira foi o Lotus Esixe de Álvaro Múñiz, sexto a pesar de sufrir diversos problemas durante a mañá, superando en máis de 20 segundos ao sétimo clasificado, o piloto local Pablo Silva, completando o dez primeiros o tamén lucense Justo Goñi, cun Evo VIII de grupo A, que foi oitavo, ademais de Alberto Otero, noveno despois de padecer varios problemas na ponte traseira da seu Mitsubishi ou o compostelán Luís Penido, décimo ao termo da proba lucense co ciclista Óscar Pereiro como copiloto.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba