ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

A V SUBIDA A VIGO PARA TOÑO VARELA

A vitoria final na V Subida Internacional Cidade de Vigo de Toño Varela permítelle acariñar o título no campionato galego de montaña.
Aos mandos da Osella PA 20/5, Toño Varela asinou un tempo total (entre as dúas mangas do sábado e as dúas de onte) de 4.19:316, que lle valeu para subirse ao primeiro caixón do podio. Pero o seu triunfo non foi fácil en absoluto, porque tivo que estar moi atento á actuación de Nonito Gómez, que foi segundo na xeral final coa súa Fórmula Outeda cun tempo de 4.22:093, dous segundos menos que o Silvercar F2 de Sergio Varela, que finalmente conseguiu subirse ao terceiro caixón do podio cun crono de 4.24:018. Os tempos reflicten a igualdade que se viviu onte nos montes vigueses, que obrigou aos participantes a concentrarse ao máximo para non cometer ningún erro de pilotaxe.
Finalmente, Rubén Nogueira, que veu desde o País Vasco para participar, concluíu cuarto co seu Sivercar C2, cun tempo de 4.28:027.
Na categoría de carrozados, o mellor foi Santiago Abad, cun Audi A4 ST, que asinou un tempo de 4.49:365. Estivo acompañado no podio por Simón Martínez (Seat León Supercopa, 4.56:684) e por Rodrigo Rodríguez, "Caixas", (Mitshubishi Lancer Evo IX, 5.00:963).
Finalmente, en históricos, o vencedor foi Juan Carlos Encinas co Sinca 1.000 Rally e cun tempo de 5.06:978. Segundo foi Juan José Gómez, cun Ford Escort GT (5.15:108) e terceiro, Rubén Branco (BMW T21, 5.16:160).
Ademais, a organización da Subida quixo render homenaxe a Tania Fraga, única muller que participaba na proba. A piloto de Touro participaba cun Renault 5 GT Turbo.
A Escuadra Cidade de Vigo, encargada da organización da proba, estima que durante o fin se semana foron máis de 50.000 os afeccionados que se desprazaron aos montes de Beade e Bembrive para seguir esta cita xa obrigada do calendario automovístico autonómico.
Na entrega de premios estiveron presentes o concelleiro Carlos Font; a vogal de Deportes da Entidade Menor de Bembrive, Concepción Bastos; así como representantes do Centro Helios, da Federación Galega de Automobilismo e da AA.VV. de Beade.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba