ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

HANNINEN TRES DE CATRO NAS AçORES

Juho Hanninen fixose con tres vitorias en catro participacións no IRC deste ano do Intercontinental Rally cunha dramática vitoria no Rallye Sata Azores que concluíu na xornada de hoxe.

Co Skoda Motorsport Fabia Super 2000, o actual campión do IRC viuse envolvido nunha batalla coa estrela en ascenso Andreas Mikkelsen a partir do último día da proba de terra. Pero unha carreira valente na segunda etapa do sábado deulle unha lixeira vantaxe sobre o noruegués que mantivo até o final.

Un 'hat trick' de vitorias de etapa na tarde do venres impulsara a Mikkelsen a 1.3s de Hänninen á conclusión da segunda xornada do venres. A a loita pola gloria deu outro xiro dramático cando Mikkelsen foi máis rápido que Hanninen no inicio de ultímalas especiais do sábado para arrebatarlle o liderado a 2.7s.

A seguridade de Hänninen permitiulle conseguir a vitoria cunha diferenza que ao final foi de 42,3 segundos ao seu favor.

Andreas Mikkelsen logra a segunda praza e vaise de Azores coa mirada posta na próxima proba na que vai participar, o Neste Oil Rallye Finlandia co equipo Volkswagen Motorsport, e cre que é a 'oportunidade ideal' para entrar na formación, pero non se fai ilusións xa que deica que isto pode suceder hai un mundo.

Mikkelsen e o finlandés Joonas Lindroos disputarán cun Skoda Fabia Súper 2000 a rapidísima proba de terra, oitava cita do Campionato do Mundo de Rallyes que terá lugar do 28 ao 30 de xullo. Ambos os pilotos serán avaliados como posibles candidatos para pilotar o VW Polo R World Rally Car en 2013.

"É unha oportunidade de ilusión, pero sei que só é unha proba, polo que non significa que chegue a ser piloto do equipo por disputar este rallye", comenta o piloto de 22 anos a Wrc.com. "Temos que dar o mellor de nós mesmos, e chegar á meta da carreira, xa que isto é moi importante para o equipo Volkswagen de face a coller experiencia no WRC, e estar a lume de biqueira en 2013. Se podo contribuír a iso estarei moi contento."

Mikkelsen, que visitou a base de VW en Stuttgart a semana pasada, realizará un test de dous días en Finlandia a próxima semana antes de tomar parte na proba do campionato do mundo.

Cando lle preguntan se sente presión, Mikkelsen, asegura: "Por suposto, é moi importante para min, pero corrín en Finlandia dúas veces e gústame moito este rallye. Non temos ningún obxectivo marcado polo equipo, pilotaremos como nos gusta, aínda que sabemos que temos que levar o coche á meta. Nós faremos todo o posible e a ver que pasa."
Bruno Magalhães, o gañador nos Azores en 2010, ocupou o terceiro lugar no inicio do terceiro día, cando o diferencial traseiro do seu Peugeot Sport Portugal 207 rompeu, obrigando á retirada do rally. "O apoio foi case no chan e non había nada que puidésemos facer", dixo. "Unha vez máis é a mala sorte cando estamos a loitar polo podio. Estou moi decepcionado."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba