ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OUTRA MARCA PARA O MUNDIAL DE RALLYES

Outra marca no Mundial. Tras o regreso de Mini e o anuncio de que Volkswagen desembarcará en 2013, agora Hyundai tamén prepara o seu regreso. Tras valorar outras opcións como as 24 Horas de Le Mans e mesmo a F-1, a firma coreana decidiuse polos tramos cronometrados, nos que xa estivo a competir co Coupé e o Accent.

O modelo elixido para esta andaina é o Veloster, o seu novo compacto deportivo que inicia agora a súa comercialización. Trátase dun modelo dacabalo entre unha berlina e un coupé que se adapta á perfección á nova regulamentación que se estreou este ano. De feito, en EE UU xa hai unha unidade de competición participando en rallys e rallycross en mans da lenda Rod Millen, un dos pilotos máis admirados en Norteamérica.

O fabricante coreano busca agora un equipo solvente que faga correr os seus vehículos. Saíron moi decepcionados da súa anterior participación, na que deixaron a responsabilidade técnica e deportiva a MSD, preparador británico que dilapidou un bo puñado de millóns de euros sen ofrecer resultados dignos no catro anos que competiron, entre 2000 e 2003. O mellor, dous cuartos postos e iso que na súa nómina tiveron a pilotos da talla de Kankkunen, Eriksson ou Schwarz.

Por iso agora están a estudar con detemento en quen delegar a responsabilidade de levar todo o máis alto da especialidade ao que na actualidade é o cuarto grupo mundial de automoción tras Toyota, General Motors e Volkswagen. Nun principio pensouse crear un departamento propio na súa sede europea de Russenheim (Alemaña), pero agora as maiores posibilidades recaen en confiar nun equipo con experiencia sobrada na especialidade. Se tamén se confirma o regreso de Saab e os rumores de que Abarth tamén pensa correr o Mundial absoluto, en pouco tempo os rallys poden recuperar os seus momentos de maior gloria.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba