ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

TOÑO VARELA GAÑA COA "OSELLA"EN CORTEGADA

O piloto pontevedrés Toño Varela, aos mandos dunha barqueta Osella PA20, logrou imporse na décimo primeira edición da Subida a Vila de Cortegada, proba valedoira para o rexional da montaña.

O integrante da escuadra Integral Motor Sport fraguou a súa primeira posición na xornada do Domingo, logrando imporse nas dúas subidas oficiais disputadas e logrando superar en pouco menos de 300 milésimas de segundo ao segundo clasificado, José Antonio Gómez (Nonito), que sobre unha Fórmula Outeda MK2 conseguira ser o máis rápido durante a primeira xornada de carreira, pero tendo que ceder a primeira praza a Varela polos tempos logrados por este último o segundo día de competición.

Completou o pódium Jacobo Sobral, sobre unha Fórmula Dicode FR, aínda que cunha diferenza con respecto ao vencedor xa superior ao tres segundos.

A cuarta praza nesta carreira ourensá foi para outro piloto integrante do equipo Sofía, neste caso Sergio Varela, irmán do vencedor da proba, e que volveu competir sobre un monopraza da categoría CM, neste caso un Silver Car S2, finalizando a carreira a máis de cinco segundos e medio do gañador.

Outro dos pilotos máis destacados en Cortegada foi o levantino José Vicente Arnau, que sobre unha Osella PA9-90 lograba a quinta praza final, superando o veterano piloto ao seu perseguidor, MartínVillar, en menos dun segundo, pilotando este último unha BRC 05 EVO.

A sétima praza da clasificación xeral foi para Cesar Rodríguez, sobre outra BRC, que superou por unha escasa marxe a Rubén Nogueiras, sobre unha Silver Car S2, mentres que Jorge Fernández, tamén sobre outro CM, lograba a novena posición final, completando o dez primeiros clasificados Bernardino Lorenzo, cunha Barqueta Outeda.


O primeiro clasificado da categoría de carrozados foi o décimo da xeral, Diego Manuel Gómez Castro e o seu Renault Megane Trophy, que superou en pouco máis dun segundo ao Seat León Supercopa de Simón Martínez.

Por último, na modalidade de automóbiles Históricos tan só clasificábase un participante. Juan José Gómez levou a vitoria en Cortegada pilotando o seu Ford Escort MK2.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba