ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA SABOREA A VITORIA NO SUR DO CONDADO

Alberto Meira e Álvaro Bañobre volveron saborear este sábado no rally sur do Condado o que se sente despois de lograr unha vitoria no campionato de Galicia de rallys de asfalto. Fixérono ademais nun momento no que o piloto de Vincios non está a ter moita sorte, no que as súas participacións no Nacional de asfalto non están a ter os resultados esperados.
Pero si en Salvaterra de Miño a cara foi para Meira, a cruz foi para Pedro Burgo e Marcos Burgo, que a falta de dous tramos para o final, e despois de disputarse seis, e lograr a vitoria en todos, tiña de novo que retirarse por un problema mecánico, no motor do seu Ford Focus WRC, o que lle complica un pouco mais a loita polo campionato galego de Rallyes de asfalto.

Foi entón cando Meira agarrou o primeiro posto e non tivo en maior problema para conducir o seu Mitsubishi Lancer Evo X até o máis alto do podio, superando en case dous minutos, 1.47, ao segundo clasificado, o lucense Luís Vilariño, que nesta ocasión disputou esta carreira cun vehículo prestado, o Skoda Octavia WRC de Roberto Blach, adaptándose perfectamente o piloto de Palas de Rei ás esixencias desta montura, sobre todo durante a mañá, cun tramo que se disputaron sobre mollado.
A terceira praza, ademais de vencedor dentro dos participantes da Top Ten Pirelli, foi para o naronés Fernando Rico, que finalizou a carreira a sete segundos de Vilariño e que mantivo un duelo moi igualado cos irmáns Alex e Santi Pais, que finalmente foron cuartos a catro segundos de Rico, sendo ademais para este equipo vigués a segunda praza dentro da Top Ten Pirelli.

Iván Ares non tivo o seu día e só puido ser quinto, iso si a só dez segundos do terceiro. O actual líder do campionato non se atopou do todo cómodo nos tramos e cando tratou de reaccionar xa era demasiado tarde.

A máis dun minuto de Ares clasificouse o compostelán Luís Penido, sexto, nunha carreira na que pouco máis podía conseguir cun vehículo como o seu, un veterano Lancer Evo VI, aínda que logrando un bo número de puntos dentro do grupo X.

A dez segundos de Penido clasificouse o lucense Alberto López Bellón, de novo cun Lancer Evo X, sendo para el a terceira praza dentro da Top Ten Pirelli.

Completaron o dez primeiros clasificados Rubén Dominguez, que lograba a oitava praza, ademais de levar o seu Peugeot 206 XS á vitoria dentro do Voante RACC, impóndose por cinco segundos ao seguinte clasificado, Fran Lago, que foi ademais noveno da xeral, avantaxando ao décimo, Jaime Castro, sobre un Renault Maxi Megane, en 12 segundos.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba