O galego Sergio Vallejo cambia de montura de face á segunda parte do Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Para iso vendeu o Lotus Esixe ao seu bo amigo Álvaro Muñiz, vehículo cuxo mellor resultado foi un segundo posto no Rallye Cantabria. E é que o piloto de Meira esta moi interesado en volver porse a mans dun Porsche 911 GT3, coche co que se adxudicou o nacional de asfalto de 2009.
Hai uns días Sergio Vallejo trasladouse até Italia co firme propósito de chegar a un acordo cun preparador para comprar un Porsche 911 GT3 similar ao que utilizou até o ano pasado. Aínda que a unidade que vai facer correr en España non terá as últimas evolucións, xa que en principio non será tan competitivo como o coche de Miguel Fuster, Vallejo espera recobrar a senda da vitoria nas probas seguintes ao Rallye de Ferrol, onde espera debutar con este coche.

0 comentarios:
Publicar un comentario