Con todo, o primeiro rally do Galego de Asfalto de 2011 viviu unha segunda xornada moi entretida, que foi seguida por un numeroso público nas cunetas dos diferentes tramos. Ares fixo scratch na primeira pasada por Xirón seguido de Luís Penido e de Pedro Burgo, mentres José Miguel Martínez Barreiro, "Bamarti", conseguía terminar sétimo a pesar dos evidentes problemas mecánicos do seu Ford Escort WRC. Os malos presaxios para o piloto da Escuadra Estradense confirmáronse pouco antes de tomar a saída na primeira pasada polo Couto, onde a rotura do palier dianteiro fixo que o de Cuntis dixese adeus á proba dezano moi contrariado. Neste tramo, o Ford Focus WRC de Burgo foi máis rápido que Ares e Roberto Blach, que xa por entón se empolicaba á terceiro posición da clasificación provisional ao volante do seu Octavia.
Aciveiro volveu mostrar a un Iván Ares máis agresivo que os seus competidores, mentres Burgo terminaba sétimo debido aos fallos na suspensión da súa montura. Blach e Penido foron segundo e terceiro no tramo do cenobio forcaricense a máis de sete segundos do coruñés. Na segunda pasada por Xirón Burgo foi o encargado de facer scratch deixando a máis de seis segundos a Ares e a máis de 15 ao terceiro, Fernando Rico. O último tramo da mañá correspondente á segunda pasada polo Couto volveu ter a ser para Burgo seguido de Ares e Blach. De volta a Aciveiro, Ares retomou o mando da carreira cun novo scratch, sendo Penido segundo e Blach terceiro. Burgo volveu ter problemas terminando a sección en cuarta posición.
Saborida e Brántega foron dous tramos disputados a cara de can polos dous aspirantes á vitoria. Burgo impúxose na primeira pasada por Brántega e, tamén, na primeira de Saborida. Ares fixo scratch na segunda pasada por Saborida por diante de Burgo pouco antes do incidente do último tramo da carreira lalinense.
0 comentarios:
Publicar un comentario