O equipo Munchi's Ford confirm0u hoxe que disputará o campeonato do Mundo de Ralis FIA 2009 na condición de equipo constructor, correndo un total de oito probas, empezando no próximo Rali de Chipre e acabando no de Australia.Desta maneira,o equipo arxentino convertirase no quinto equipo inscrito no Campeonato de Constructores 2009 e o primeiro que fai uso da nova normativa FIA que permite os equipos cun sólo coche disputar oito probas do certamen.
O facerse pública esta nova, Munchi's disfrutará por terceiro ano como equipo constructor e unha vez máis competirá co Ford Focus RS WRC preparado por M-Sport.
O responsable disto será Federico Villagra, de 39 anos, e seu copiloto Jorge Pérez Companc, que correrán as oito probas previstas, , tal vez, nalgunas delas se lles una algún piloto máis. En 2008, o equipo tamén facilitóu coches a Luis Pérez Companc, Henning Solberg e Barry Clark.
Villagra, orixinario de Córdoba, é o actual campeón de ralis de Arxentina. En 2008, participóu en dez probas do Mundial, logrando como mellor resultado o sexto posto absoluto en Arxentina e Xordania.
0 comentarios:
Publicar un comentario