ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

THIERRY NEUVILLE FAISE COA TERCEIRA PROBA DO IRC EN CÓRCEGA

Os belgas dominan o IRC. Thierry Neuville lograba o triunfo na terceira cita do ano ao volante do seu Peugeot, e Freddy Loix colocábase líder do campionato tras acabar terceiro co seu Skoda. Pero a noticia do Rally Tour de Córsega era o accidente sufrido por Ari Vatanen o venres cando exercía de coche cero co seu fillo Max como copiloto.

O excampeón do mundo de rallys en 1981 sufría unha forte saída co Peugeot 207 RC que lle prestaron para cumprir con ese labor, e era trasladado ao hospital. Mentres que o seu fillo saía ileso, a el detectábaselle unha lesión de cervicais e era evacuado a Marsella, onde se lle vai a intervir cirurxicamente, aínda que segundo os médicos a operación non reviste perigo.

Neuville, a nova promesa belga, facíase co triunfo tras fominar desde o principio, e rompía un longo refacho de accidentes que lle impediron brillar anteriormente. Segundo era o checo Jan Kopecky, que co seu Skoda colócase segundo do IRC empatado con Neuville, mentres que Loix faise co liderado tras acabar terceiro.

A ausencia do gañador da anterior cita en Canarias, Juho Hanninen (Skoda), e o abandono no último tramo do triunfador na proba inaugural en Montecarlo, Brian Bouffier (Peugeot), deixa moi pechada a loita no certame auspiciado por Eurosport.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba