ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

HIRVONEN FAISE CO PRIMEIRO RALLY DO ANO EN SUECIA

Mikko Hirvonen e Jarmo Lehtinen proclamáronse vencedores da primeira proba do Campionato do Mundo de Rallies da presente tempada co seu Ford Festa RS WRC no Rally de Suecia 2011. Foi o equipo Ford Abu Dhabi WRC o que liderou a proba sueca con varios dos seus vehículos colocados na parte alta da clasificación xeral durante practicamente todo o fin de semana.

En segunda posición quedou o novo piloto Mads Ostberg, que tras acabar líder na primeira etapa o pasado venres, consagrouse no segundo chanzo do podium final. Na terceira posición viviuse unha gran loita nos últimos tramos cronometrados da proba, tres pilotos chegaban separados por poucos segundos ao SS22 Gustavsfors 2 (Power Stage) de 4,160 km. de lonxitude: Latvala, Solberg e Ogier eran os claros aspirantes a levar o terceiro posto na clasificación xeral. Finalmente foi o piloto finlandes, Jari Matti Latvala, quen se fixo coa terceira praza no podium final do rally.

O campión do mundo, Sebastien Loeb, quedou finalmente sexto na clasificación xeral, por detrás do seu compañeiro de equipo, Sebastien Ogier, que foi cuarto e do piloto noruegués, Petter Solberg, que quedou quinto.

A anécdota do último tramo cronometrado protagonizouna o equipo formado por Petter Solberg e Chris Patterson, que intercambiaron as súas posicións dentro da súa Citroen DS3 WRC e foi o copiloto o encargado de pilotar neste tramo final. Isto debeuse a que, segundo a web oficial do WRC, Petter Solberg foi visto o venres pola policia sueca conducindo a 112 km/h nunha zona 80 km/h. Un Power Stage que gañou Sebastien Ogier, segundo foi o seu compatriota Sebastien Loeb e terceiro Jari Matti Latvala.

Finalmente, queda a clasificación xeral final do rally liderada polo equipo Ford, seguido polos Citroen.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba