ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

KUBICA PREOCUPASE POLO SEU CO-PILOTO


Robert Kubica
foi espertado na mañá deste luns do coma ao que os médicos o induciron tras a operación de máis de sete horas do domingo. O piloto polaco, ingresado no Hospital Santa Coroa (Pietra Ligure), puido falar coa súa familia durante varios minutos e xa foi capaz de mover os dedos da súa man dereita, o cal é un signo moi positivo de face á súa recuperación. O equipo Lotus Renault GP informou da situación mediante un novo comunicado de prensa.

O médico que o operou, Mario Igor Rosselló (director do Centro Rexional de Cirurxía da Man no Hospital San Paolo de Savona), non atopou signos de inflamación ou infección no antebrazo dereito, o cal é un bo sinal. De todos os xeitos advertiuse que aínda pasarán algúns días antes de poder asegurar que a operación tivo un 100% de éxito.

A prioridade durante a operación do domingo foi salvar a man do piloto, pero aínda existen fracturas no cóbado e no ombreiro que os médicos estudarán durante estes días. Seguramente Kubica terá que volver entrar a quirófano para reparar esas lesións, pero non se espera que o faga nas próximas xornadas.

Agora a Robert forneceráselle unha medicación suave para evitar calquera esforzo físico e facilitarlle que durma, polo menos, durante as próximas 24 horas. O equipo volverá informar da situación esta noite.


Fonte: LotusRenaultGP.com
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba