ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

AFRICA:UN NENO,UN LAPIS,SAIRÁ DENDE O SANTIAGO BERNABÉU

Calquera vehículo é válido se vai cargado dunha boa causa para aqueles que non gozan de todas as oportunidades. Este ano, a expedición 'África: un neno un lapis', organizada polo fotógrafo de Carballo (A Coruña) Kiko Rojo, xunto a José Luís Ordóñez, aproveita unha nova edición do Panda Raid para levar aos nenos marroquís 15 quilogramos de material escolar.

Empeza a gañarse o título oficioso de 'clásico', por aquilo de ver ao singular Fiat Panda nas súas diferentes versións atravesando o deserto cun fin solidario. Cada ano, unha lexión destes simpáticos coches cruza Marrocos nunha cita que une o amor polos raids, a paixón por África e a aventura, baixo o propósito dunha boa causa.

Galicia estará representada por Rojo e Ordóñez, que pilotarán un Fiat Panda Sisley 4x4 1000 Fire do ano 1991.Kiko Rojo fundou en 2008 a iniciativa 'África: un neno, un lapis', unha expedición que xa viviu dúas edicións anteriormente a bordo dun Isuzu e un Subaru.

O fotógrafo comezou a súa andaina africana cubrindo o Dakar, pero o traslado ao continente americano do rally máis duro do mundo por motivos políticos, e con el, da caravana humanitaria que o secundaba, fixo que Rojo idease esta actividade solidaria para achegar material escolar, sanitario e roupa aos nenos do Sahara.

Neste caso, a parella de galegos fará coincidir a súa iniciativa co rally dos Panda. A caravana partirá o próximo 4 de marzo do estadio Santiago Bernabéu para cubrir durante oito días o percorrido que lles conducirá á meta na localidade costeira de Essaouira. Este ano, o 70% do percorrido é inédito respecto ao ano pasado, polo que os 32 equipos inscritos deberán conxugar unha correcta orientación, o ritmo de carreira e a conservación do coche, co factor sorpresa dos novos tramos.

En canto ao coche, o único requirimento da organización é o de competir cun modelo de Panda, ben na súa versión de Seat ou de Fiat, así como o 4x4 e a súa evolución española, o Seat Marbella. Todos os vehículos deberán estar equipados con diferentes elementos -como extintores, rodas, combustible ou auga-, e recoméndase levar varios repostos mecánicos -filtros, bombas, amortiguadores, etc.- afín de lograr a fazaña de atravesar Marrocos.

A preparación do coche é libre, a condición de que o motor e o diámetro da lamia sexan de orixe. Obviamente todo ha de ser legal, incluíndo permisos de circulación, seguro e ITV en regra. A organización acepta modificacións que unicamente teñan por obxecto mellorar a resistencia do vehículo. E, por suposto, non pode faltar a 'salsa' destes rallies populares, a decoración persoal de cada coche, que tamén será premiada.

Segundo os organizadores, o Panda "ten as aptitudes para pasar por sitios inimaxinables", porque é de mecánica sinxela e de mantemento barato, o que permite alcanzar a meta sen grandes equipos técnicos. A súa posibilidade de atopalos a bo prezo en despezamentos e mercados de segunda man é un aliciente para popularizar a aventura. Todo iso baixo o amor por un automóbil que marcou unha época.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba