ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO GAÑA E FUSTER PROCLAMASE CAMPIÓN DE ESPAÑA

Sergio Vallejo (Porsche 997), que marcou catro «scratch» dos oito tramos, adxudicouse a XXIX edición do Rally Sierra Morena, puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Precisamente, Miguel Fuster (Porsche 997) proclamouse campión de España 2011 en Córdoba.

O galego dominou a clasificación desde o primeiro tramo (Pozoblanco, con 25,29 quilómetros). Impúxose cun tempo de 15:55. A 15,8 segundos chegaron Jonathan Pérez (Peugeot 207) e David Pérez (Peugeot 207).

Hevia (Skoda) levou o mellor tempo no segundo tramo (Villanueva, 14,86 km), con 8:37, e colocouse segundo a 11 segundos de Vallejo. Pero, rompeu o embrague e abandonou na segunda sección, que repetía pasadas por Pozoblanco e Villanueva. Tamén se retirou alí o exporteiro internacional Santiago Cañizares, que pasa o seu retiro nas estradas.

Vallejo impúxose no terceiro e o cuarto tramo. En Pozoblanco, con 15:21 e en Villanueva con 8:26. A partir de entón, David Pérez e Jonathan Pérez situáronse segundo e terceiro, respectivamente, da clasificación. Posicións que xa non cambiaron no final da carreira. O galego tiña unha vantaxe de 38,4 segundos sobre o granadino antes de afrontar a segunda metade da proba.

O quinto tramo disputouse en Villaviciosa (24,84 km). Vallejo tamén marcou o «scratch», para mandar a 39,6 segundos a David Pérez. Con todo, a proba marcou aquí un punto de inflexión. David Pérez impúxose no tres tramos finais e comezou a recortar diferenzas co líder. Na primeira pasada polo tramo das Ermidas-Trassierra (12,57 km) gañou con 7:3 e meteulle 6,3 a Vallejo. A xeral estaba a 33 segundos. Na segunda manga por Villaviciosa a renda quedou en só 24 segundos, tras gañar Pérez e endosarlle outros 9,1 ao galego. O granadino sacou outros 5,5 segundos no último tramo do rally, outra vez en Trassierra.

Vallejo, cun crono de 1.35:16 gañou a proba, seguido por David Pérez, a 18 segundos; e Jonathan Pérez, a 1:28, completou o podio. Mentres, Fuster, que non arriscou onte, celebraba o título de campión de España.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba