ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

IVAN ARES CAMPION GALEGO DE RALIS E AUTOCRÓS

O piloto de Cambre Iván Ares confirmou onte todos os prognósticos e proclamouse campión galego de rallies na penúltima cita do campionato. O coruñés tíñao bastante fácil. Con acabar unha das dúas carreiras que lle faltaban ao Galego metería o título no seu peto, pero na primeira edición do Rally Serra de Groba Ares, que ademais estreou o seu novo Porsche, non se conformou con só terminar. Foi a por a vitoria para poder celebrar o título no máis alto do podio.

Na primeira xornada da proba, disputada o sábado, xa se puxo como líder tras gañar tres do cinco tramos da xornada, aínda que a súa marxe con respecto ao segundo clasificado, Roberto Blach, era tan só de 14 segundos. Pero na segunda xornada, que se celebrou onte, Blach tivo que retirarse por problemas mecánicos, polo que lle deixou a vitoria en bandexa ao piloto de Cambre, que tamén sufriu algúns problemas coa configuración do seu novo coche, un Porsche adaptado para correr en circuíto, polo que non está do todo adaptado ás características dos rallies.

Iván Ares, por tanto, fai historia ao conseguir na mesma tempada dous títulos galegos de motor: xa foi campión de autocrós e o é agora de rallies despois dun campionato que dominou de principio a fin a pesar de non ser un dos favoritos e con dous coches diferentes. Comezouno cun Mitsubishi Evo Lancer e termínao con este Porsche no que garda grandes esperanzas.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba