ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS VALLEJO GAÑAN EN MADRID E MUÑIZ CONSEGUE SEU PRIMEIRO SCRACH

O Campionato de España de Rallyes pechou a tempada na Comunidade de Madrid coa segunda edición desta proba que sucedeu ao Shalymar nas últimas edicións.

Vallejo, con Porsche GT3 foi o vencedor dominando desde o primeiro momento, posto que a proba empezaba nun trazado moi favorable á potencia do seu coche. Nun rallye no que só había 150 km cronometrados cun rutómetro de 770, uns 60 deles disputábanse no trazado do Circuíto Permanente do Xarama, con tan só unha chicane na zona de recta, un tramo con 5 voltas ao trazado que se repetía tres veces ao longo da proba.

Os demais tramos da Serra de Madrid, significaban os outros 90 o que dá idea das características da proba onde Hevia, co seu rápido Fabia S2000, atopábase cunha dura competencia, xa que Muñiz, con Lotus Esixe, púxose a menos de 8 segundos tras o Skoda cando chegaban á última pasada do Xarama, peche da carreira. Neste terreo o Lotus puido co Skoda deixando a Hevia no terceiro banzo do pódium.

No rallye madrileño déronse cita tamén as monomarcas de Mitsubishi, Renault e Suzuki.

A Mitsubishi Evo Cup, co título xa decidido para o Madrileño Marban, que non podía acabar a proba, a vitoria era para outro madrileño coñecedor dos tramos, Anxo Domenech.

A Suzuki foi dominada por outro local, Monarri e en Renault, o Twingo máis rápido foi Rubén Gracia.

Nas dúas rodas motrices a vitoria foi de novo para o Campión da Especialidade Joan Vinyes, que tubo que correr máis do previsto para manterse por diante do seu compañeiro Antxusteguí, cada día máis rápido co outro Suzuki oficial.

O Campión deste ano Miguel Fuster, co titulo asegurado na última carreira en Córdoba, non prticipaba en Madrid. Suzuki tamén tiña asegurado o Campionato de Marcas

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba