ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BOUFFIER VENCE NO MONTECARLO

Mellor non podía ser, no centenario do Rallye de Montecarlo a vitoria foi para un piloto do país, pero non un calquera, Bryan Bouffier é o actual Campión de Francia de Rallyes e onte impúxose no rallye con máis carisma de todos os que compoñen o IRC ademais estivo acompañado na cerimonia do podio polo belga Freddy Loix e o expiloto de F1 Stephane Sarrazin .

A proba monegasca tivo a varios pilotos como grandes dominadores, en primeiro lugar foi o Skoda Fabia de Juho Hanninen quen tomou a dianteira mentres o asfalto mantívose seco, é dicir até metade de carreira. A partir de aquí, o coñecemento do terreo e a previsión do que podía acontecer foron primordiais para asegurar o éxito.

Stéphane Sarrazin acabou ás costas de Freddy Loix e anotouse o terceiro lugar do podio.

Tras a asistencia do mediodía do segundo día de carreira empezou a nevar e a gran maioría de pilotos elixiu compostos mixtos, esperando que o branco elemento non chegaría a callar. Bouffier coñecedor destes lugares arriscouse e cargou no seu Peugeot 207 dous neumáticos con cravos por se a cousa ía a máis. E vaia se foi a máis, tanto que o galo pasaba do sétimo posto scratch ao primeiro, mentres que os primeiros da táboa facían verdadeiros malabarismos para manterse sobre a estrada.Entre os grandes perdedores do día atopáronse curiosamente as dúas figuras nórdicas en Montecarlo, o finlandés Juho Hanninen (Skoda Fabia) e o noruegués Petter Solberg (Peugeot 207).

En apenas 47 quilómetros con neve, Hanninen, vixente campión IRC, caeu da primeira á 6ª posición e Solberg da 2ª á 7ª." Así é o rallye", comentou con resignación Hanninen. "Podería ser peor", consolouse pola súa banda Solberg.

A partir de aquí os favoritos volveron marcar diferenzas e a ocupar os primeiros postos, pero a diferenza adquirida polo francés era tal que só tivo que preocuparse da súa carreira para anotarse a vitoria do centenario.

Entre varios pilotos mundialista estaba Daniel Elena ao volante dun Citroën DS3 co que, a verdade, non brillou moito.

Tan só un equipo español estivo presente no rallye monegasco do centenario. Foi o madrileño Rubén Gracia e fíxoo ao volante dun Mitsubishi Lancer Evo X lamentablemente non puido acabar a proba tras sufrir unha saída de estrada na segunda etapa cando ocupaba a cuadraxésima primeira posición.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba