ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MIKKELSEN ESTREASE EN ESCOCIA

O noruegués Andreas Mikkelsen conseguiu o seu primeiro triunfo na Intercontinental Rally Challenge ao facerse co Rally de Escocia despois de superar ao finlandés Juho Hanninen e Bryan Bouffier que lle pelexaron a vitoria final até a última xornada.
Mikkelsen conseguiu un triunfo marca en Escocia, xa que con el convértese no máis novo en gañar unha proba do IRC aos seus 22 anos. O noruegués liderou a proba desde que tomase o mando na xornada do sábado, relegando ao francés Bryan Bouffier que terminaría sendo terceiro ao final.

A pesar de comezar a última xornada cunha vantaxe de máis de 50 segundos sobre os seus máximos rivais, Mikkelsen viu como se lle complicaba a proba ao sufrir unha picada na súa roda traseira que permitía a Hanninen reducir a súa desvantaxe até os 30 segundos. Outra picada nunha das últimas etapas fíxolle vivir con angustia os momentos finais pero aínda así, o noruegués fíxose coa vitoria.

O gañador da pasada edición do Rally de Escocia, Hanninen tivo que conformarse coa segunda posición despois da brillantez na condución de Mikkelsen. Coa terceira posición tívose que conformar o francés Bouffier despois de sufrir problemas cos freos na xornada do domingo nuns tramos moi esvaradíos por culpa das condicións climatolóxicas.

Por detrás dos primeiros estiveron Jan Kopecki, Neuville e Gardemeister que, a pesar do seu gran labor non puideron aspirar ao tres primeiros postos en ningún momento. A próxima proba do calendario IRC celebrarase en Chipre do 3 ao 5 de novembro.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba