ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS IRMANS BURGO ARRASAN NO BAIXA LIMIA

O equipo lucense dos irmáns Pedro e Marcos Burgo, cun Ford Focus WRC, logrou onte a vitoria na oitava edición do Rali Ourense Baixa Limia, antepenúltima proba do Campionato de Galicia de Ralis en Asfalto 2011.

A cita ourensá co certame autonómico tivo unha cor, o laranxa e negro do vehículo dos irmáns Burgo, que non atoparon rival e fixeron prevalecer a superioridade mecánica da súa montura mundialista sobre o Mitsubishi Lancer Evo X de Alberto Meira e Álvaro Bañobre, actuais campións de Galicia, que chegaron á Alameda de Ourense como segundos clasificados ao final da tarde.

O terceiro equipo sería o do lucense José Antonio Iglesias, con Jacobo Núñez como copiloto, cun Mitsubishi Lancer Evo X, que foron a revelación nos tramos da Baixa Limia facendo honra ao seu excelente rendemento na montaña galega, certame no que conta cun título en turismos.

Quen non tivo o seu día foi o coruñés Iván Ares, que partía como líder do campionato e mantiña unha clasificación excelente, ata que na primeira pasada polo tramo de Bande, a rotura da súa roda traseira dereita facíalle perder máis dun minuto con respecto á cabeza, algo que o levaría a atrasarse varias posicións na táboa. Ares tivo que conformarse con remontar nos seguintes tramos, logrando ao cabo a sexta praza da xeral final e deixando o campionato aberto. Aínda así, mantén unha importante renda sobre os seus inmediatos perseguidores, Fernando Rico e Luís Penido, ao que superou en meta.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba