Nun concorrido acto celebrado nun hotel da Coruña, Nupel Global Racing desvelou esta mañá os seus plans para a tempada 2011. Coa presenza, entre outros, de Jorge Dorribo, Luís Moya e Xevi Pons, o equipo galego tamén aproveitou a ocasión para dar a coñecer o deseño do Ford Festa S2000 que, como poderedes ver nas fotos, inclúe un revolucionario e atractivo deseño que chama poderosamente a atención. O prato forte do programa Nupel será o Campionato de España de Rallyes de asfalto onde contarán con Xevi Pons e Alex Haro, unha potente formación que no 2011 irá a por todas.En 2011 o equipo galego, que seguirá contando co apoio de Ford España, cambiará de subministrador de neumáticos e pasará a utilizar Hankook, unhas rodas que xa tiveron ocasión de probar no Rallye Comunidade de Madrid-RACE. Todo parece indicar que os rumores que falan dun Ford Festa S2000 para Xevi Pons, un Ford Festa S1600 para Adrián Díaz e senllos Ford Festa R2 en mans de dous pilotos novos, van ben encamiñados.
Esta semana o equipo estará presente nun evento publicitario que desenvolverá un dos seus patrocinadores principais, River-Estrela Galicia
0 comentarios:
Publicar un comentario